miércoles, 18 de mayo de 2016

Que é Galicia para min?


Neste vídeo podedes ver imaxes do que é Galicia para min, e penso que algunhas delas merecen explicación.
Ao comezo podedes ver dous dos máis representativos monumentos de Galicia, a Catedral de Santiago e a Torre de Hércules, que pola súa importancia merecen estar neste vídeo e que ademais fan referencia a diferentes etapas da nosa historia como a romana, a medieval e a Ilustración . A continuación aparecen unhos petroglifos en representación do noso pasado e as nosas orixes celtas. Despois podemos apreciar a praia de Valdoviño que non so está neste vídeo por ser a miña favorita, senón que tamén representa a vinculación do noso pobo co mar. Chegados ao segundo 45 podemos ver un obxecto có que todo galego está familiarizado, o paraugas, que nos fai máis fácil o noso día a día sempre que chove. Posteriormente aparece un polbo á feira cociñándose, facendo referencia a nosa marabillosa cociña.
Por último podemos apreciar dúas imaxes que fan referencia á esencia rural de Galicia e á súa paisaxe. Posiblemente non comprendades porqué aparece a central térmica de As Pontes, pero a súa explicación é moi sinxela. Meus avós viven en Vilalba, concretamente nunha pequena aldea chamada Goiríz, e todos os fines de semana meus pais mais eu imos a visitalos, dende que teño uso da memoria. Esta viaxe de 60 km ten como punto intermedio a vila de As Pontes que para min simboliza a unión entre o rural e o urbano, entre o noso pasado e o noso presente. Para finalizar temos unha imaxe dun prado que fai referencia á agricultura galega e tamén ás nosas paisaxes.
Esta é a miña visión sobre Galicia, onde aparecen os que na miña opinión, son os seus elementos máis representativos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada