Xa manifestei noutra entrada a miña paixón pola numismática, así que nesta decidín falar sobre a historia das moedas e relacionala coa miña historia familiar describindo como ían os meus antepasados á compra. Para esta tarefa tomei man da miña colección de moedas. As situacións que describo a continuación son ficticias e as datas, sobre todo dos antepasados mais lonxanos, pode que non se axusten coa realidade xa que son aproximacións feitas a partir de cálculos matemáticos e suposicións.
13 de febreiro de
1801
Mentres en España
se firma un tratado que catro anos despois terá unha importante repercusión na
nosa historia, en Vilalba (Lugo) o meu 6º avó Antonio Bocelo foi comprar o pan
cun par de maravedís.
- Material: Cobre
1 de xaneiro de
1820
Novo ano, novo
réxime. Tras celebrar o Aninovo meu 5º avó vai comprar pan como todos os días,
cun par de maravedís no peto.
- Material: Cobre
- Ceca: Xubia
27 de setembro de
1868
O meu 4º avó
Antonio Seoane Bocelo vai comprar o pan e na man leva unhas moedas coa cara
dunha raíña que non volverá a reinar en España.
- Material: Cobre
- Ceca: Xubia
12 de agosto de
1898
España perde unha
illa algo mais ao oeste das Canarias, pero a preocupación do meu tataravó Andrés
Cordal Díaz non é esa, senón que é ir comprar o pan, coas pesetas que leva, para
celebrar o nacemento do seu fillo.
- Material: Plata
- Ceca: Madrid
27 de abril de
1937
A Guerra Civil
está en pleno auxe, pero a xente segue coas súas vidas e o caso do meu bisavó José
Fraga Calaza non é diferente pois ese día, coma todos, foi comprar o pan cunhas
poucas pesetas que levaba na carteira.
- Material: Níquel
- Ceca: Viena
2 de setembro de 1945
Miña avoa Lucía Fraga Crodal vai
comprar o pan coas pesetas que leva no moedeiro e mentres tanto, ao outro lado
do mundo, ponse fin ao maior conflito bélico da historia.
- Material: Aluminio
- Ceca: Madrid
11 de xullo de 1982
España é a anfitrioa
nunha final que non xogará. Ese día miña nai é a encargada de ir comprar o pan,
cunhas moedas cun motivo especial.
- Material: Níquel
- Ceca: Madrid
21 de novembro de 2015
Todos están
impacentes por ver os dous interesantes partidos que nos ofrece esta xornada da
Liga BBVA. Chegados a este punto, pensaredes que vos direi que hoxe fun buscar
o pan. Pois non fun buscar o pan, foi meu pai e na moeda coa que pagou non
aparecía ningún rei, aparecía Mozart.
Aquí deixo un enlace á miña árbore xenealóxica.
- Material: Níquel e latón
- Ceca: Viena
Aquí deixo un enlace á miña árbore xenealóxica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario