A pasada fin de semana fun a casa dos meus avós, en Goiriz, e de paso aproveitei para facer unha visita ao Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba.
Neste pequeno museo
hai unha magnífica colección de restos que abarcan dende o Neolítico ata a
época dos romanos, ordeados cronoloxicamente e clasificados en diferentes tipos.
Trátase dun museo que fai un percorrido de miles de anos a través do tempo.
Aquí non so apreciaredes
as ferramentas que utilizaban os nosos antepasados, xa que estas veñen
acompañadas por unha serie de carteis explicativos onde nos podemos informar
sobre como se construían, como se utilizaban, para que servían e o contexto no
que se empregaban acompañados de ilustracións que che axudaran a entendelo .
Ademais na entrada poderás coller un panfleto informativo en galego, castelán
ou inglés.
O museo está
formado por cinco bloques. O primeiro e o segundo tratan sobre o Neolítico e
mais o inicio da época castrexa. O terceiro e o cuarto están dedicados aos
castros. E por último, no quinto bloque atoparedes unha exposición de temática
romana.
A pesar de que
todo o museo conta cunha excelente exposición, o quinto bloque suscitou o meu
interese, polos anacos de cerámica, os restos arquitectónicos e especialmente, as moedas antigas, xa que son un apaixoado da numismática.
Recoméndovos esta
visita se queredes descubrir algo máis sobre o tema, porque axudaravos a
comprender moito mellor como era a vida, as tradicións e os costumes dos nosos antepasados.
Aquí podedes ver as imaxes do museo.
Aquí podedes ver as imaxes do museo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario