lunes, 23 de mayo de 2016

FIN

Nesta entrada gustaríame facer unha conclusión sobre esta asignatura. Tras 21 entradas subidas neste blog creo que esta foi unha boa experiencia. Gracias a esta asignatura aprendín centos de cousas novas sobre Galicia e aprendín a ver a nosa terra dunha forma diferente.
A continuación gustaríame facer un ranking das miñas entradas favoritas:

  • 5- Nin Gótico nin Románico, en Galicia predomina o feismo. Nesta entrada podemos apreciar como o inxenio dos galegos se traduce nas nosas cidades e vilas e no noso paisaxe de maneira chamativa e crispante.
  • 4- Viaxe no tempo á Galicia de 2050. Aquí podedes ver as portadas dos periódicos do ano 2050 da Voz de Galicia, que reflexan a sociedade do do futuro. Gustoume especialmente a realización das portadas.
  • 3- A cultura castrexa. Esta foi a primeira entrada na que subín un video á que lle teño un gran cariño porque foi o inicio de todos os videos que subín ao canal. Nel podemos ver un reflexo da sociedade castrexa.
  • 2- María Pita, a galega invencible. Esta foi a primeira entrada que subín en colaboración co meu amigo Carlos quen califica esta entrada como "Unha obra mestra". Gustoume moito a elaboración desta entrada.
  • 1- Por ultimo, teño que mencionar á que na miña opinión é a mellor das miñas entradas, The Big Bang Theory, Galicia nun minuto. 


miércoles, 18 de mayo de 2016

Que é Galicia para min?


Neste vídeo podedes ver imaxes do que é Galicia para min, e penso que algunhas delas merecen explicación.
Ao comezo podedes ver dous dos máis representativos monumentos de Galicia, a Catedral de Santiago e a Torre de Hércules, que pola súa importancia merecen estar neste vídeo e que ademais fan referencia a diferentes etapas da nosa historia como a romana, a medieval e a Ilustración . A continuación aparecen unhos petroglifos en representación do noso pasado e as nosas orixes celtas. Despois podemos apreciar a praia de Valdoviño que non so está neste vídeo por ser a miña favorita, senón que tamén representa a vinculación do noso pobo co mar. Chegados ao segundo 45 podemos ver un obxecto có que todo galego está familiarizado, o paraugas, que nos fai máis fácil o noso día a día sempre que chove. Posteriormente aparece un polbo á feira cociñándose, facendo referencia a nosa marabillosa cociña.
Por último podemos apreciar dúas imaxes que fan referencia á esencia rural de Galicia e á súa paisaxe. Posiblemente non comprendades porqué aparece a central térmica de As Pontes, pero a súa explicación é moi sinxela. Meus avós viven en Vilalba, concretamente nunha pequena aldea chamada Goiríz, e todos os fines de semana meus pais mais eu imos a visitalos, dende que teño uso da memoria. Esta viaxe de 60 km ten como punto intermedio a vila de As Pontes que para min simboliza a unión entre o rural e o urbano, entre o noso pasado e o noso presente. Para finalizar temos unha imaxe dun prado que fai referencia á agricultura galega e tamén ás nosas paisaxes.
Esta é a miña visión sobre Galicia, onde aparecen os que na miña opinión, son os seus elementos máis representativos.