lunes, 28 de marzo de 2016

César Portela

Decidín facer esta entrada sobre Cesar Portela, xa que a arquitectura é unha das miñas paixóns. El é un arquitecto nativo de Pontevedra que foi galardoado co Premio Ncional de Arquitectura de España en 1999 e ademáis é autor e colaborador en numerosas obras como as que veredes a continuación.


César portela from pmedinca

Aquí podedes ver unha entrevista a César Portela.
 

domingo, 27 de marzo de 2016

Manuel Alonso Fojaca, o ferreiro de Rio Torto.


Seguimos a falar sobre a cultura galega, e nesta entrada vou a falar do meu tío Manuel Alonso Fojaca, ou como eu chamo, Manolo, que traballa como ferreiro. Este traballo remontase á idade dos metais, cando o home empezou a coñecer a utilidade deste magnífico material. A profesión dos ferreiros foi durante anos un oficio prestixioso, pois eran eles quenes controlaban a produción de bens metálicos. Esta profesión tivo un papel fundamental na historia, dende a espada que determina unha guerra ata a culler que alimenta a unha persoa. Posteriormente, as técnicas de traballo cos metais fóronse modernizando ata chegar á etapa industrial. A partir de entón esta profesión, que forma parte da cultura de Galicia quedou case por completo en desuso, e so algunhas persoas como o meu tío a conservan. Tal é o éxito que Manolo alcanzou co seu oficio que xa apareceu repetidamente na TVG amosando ao mundo os segredos do seu traballo.
Aquí vos deixo unha serie de vídeos onde poderedes presenciar o proceso de produción entre outras cousas que vos poden chamar a atención. Tamén os podedes ver no canle de Youtube de Galiciémonos.

domingo, 6 de marzo de 2016

Nin Gótico nin Románico, en Galicia predomina o Feísmo

O tema proposto para as seguintes entradas é a cultura galega. Así que buscando información sobre un tema que me interesa, a arquitectura, simplemente con escribir en Google "Arquitectura de Galicia" atopei algo que captou a miña atención inmediatamente. Xusto na cuarta web leo "Feísmo (Arquitectura gallega)".

É posible que moitos non consideren esto parte da cultura galega, pero non se pode negar que é algo que está presente ao noso arredor e que é estraño atopar unha rua que non se vexa influenciada por esta tendencia.

Estou seguro de que tras ver esta presentación observaredes as ruas de forma moi distinta a como o facíades antes.