domingo, 21 de febrero de 2016
Canle de You Tube de Galiciémonos.
Se queres ver videos sobre Galicia entra no canle de You Tube de Galiciémonos. Nas listas de reproducción do canle podrás ver os videos das anteriores entradas e outros videos interesantes relacionados co tema.
Os Irmandiños, en busca dunha Galicia máis xusta.
Nunha época de
crise a todos os niveis en Galicia, os seus valentes habitantes decidiron facer
fronte ás inxustizas que sufrían por parte da nobreza. O pobo decidiu
levantarse en armas contra os nobres que exercían o control no territorio.
No ano 1431
formouse a Irmandade Fusquenlla, liderada por un fidalgo de baixa estirpe
chamado Roi Xordo, no territorio dos Andrade. Mais tarde a revolta expandiuse a
outras zoas coma Mondoñedo, Lugo ou Santiago. Esta revolta foi silenciada en
1435 pero a cousa non ía quedar así. De novo en 1467, ante a deprimente
situación do pobo, mais de 80.000 persoas organizáronse na chamada Irmandade Xeral
que actuaría contra as inxustizas dos señores feudais. Entre 1467 e 1469 mais
de 130 castelos serían derruidos pola Irmandade.
Sen embargo, a
vitoria irmandiña non foi mais que temporal. En 1469, Pedro Madruga volve cun
exército con armas de fogo (unha innovación da época) que acaba có proxecto
irmandiño. A restauración dos antigos señores feudais non é o único castigo ao
que foron sometidos os galegos, senón que ademais tiveron que reconstruir os
castelos que derruiran.
viernes, 12 de febrero de 2016
Nunca máis, un chisco de luz entre a escuridade.
Tras a catástrofe do cargueiro Prestige que tivo lugar na costa galega e ante a ineptitude e inacción do goberno, unha serie de persoas decidiron agruparse e tomar medidas ao respecto. Así naceu o movemento Nunca Máis.
Eduardo Barreiros, o enxeñeiro rebelde.
Eduardo
Barreiros, o enxeñeiro rebelde.
Na época da ditadura
de Franco, período en que España estaba pechada ao resto do mundo, un
empresario galego intentou vencer esas barreiras por medio do esforzo e a
superación. Tratase de Eduardo Barreiros, un home que nunca se daba por vencido
e que perseguiu o soño de chegar a crear algo grande.
Formaba parte
dunha familia humilde que posuía unha pequena empresa de transporte. Posteriormente
formou o seu propio taller de mecánica. Investigou o funcionamento dos motores
e ideou un método revolucionario para poder transformar motores de gasolina a
diésel. O éxito foi rotundo e Barreiros chegou a ter a maior empresa de automóbiles
que endexamais houbo en España. Pero non foi sen esforzo xa que o apoio á
empresa foi nulo e a negativa tanto do réxime como doutros competidores a que a
esta tivera éxito estibo presente.
A pesar de que
hoxe en día a empresa xa non existe, esta é un claro exemplo do que os galegos
podemos chegar a facer.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)