domingo, 27 de marzo de 2016

Manuel Alonso Fojaca, o ferreiro de Rio Torto.


Seguimos a falar sobre a cultura galega, e nesta entrada vou a falar do meu tío Manuel Alonso Fojaca, ou como eu chamo, Manolo, que traballa como ferreiro. Este traballo remontase á idade dos metais, cando o home empezou a coñecer a utilidade deste magnífico material. A profesión dos ferreiros foi durante anos un oficio prestixioso, pois eran eles quenes controlaban a produción de bens metálicos. Esta profesión tivo un papel fundamental na historia, dende a espada que determina unha guerra ata a culler que alimenta a unha persoa. Posteriormente, as técnicas de traballo cos metais fóronse modernizando ata chegar á etapa industrial. A partir de entón esta profesión, que forma parte da cultura de Galicia quedou case por completo en desuso, e so algunhas persoas como o meu tío a conservan. Tal é o éxito que Manolo alcanzou co seu oficio que xa apareceu repetidamente na TVG amosando ao mundo os segredos do seu traballo.
Aquí vos deixo unha serie de vídeos onde poderedes presenciar o proceso de produción entre outras cousas que vos poden chamar a atención. Tamén os podedes ver no canle de Youtube de Galiciémonos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada