domingo, 21 de febrero de 2016

Os Irmandiños, en busca dunha Galicia máis xusta.



Nunha época de crise a todos os niveis en Galicia, os seus valentes habitantes decidiron facer fronte ás inxustizas que sufrían por parte da nobreza. O pobo decidiu levantarse en armas contra os nobres que exercían o control no territorio.
No ano 1431 formouse a Irmandade Fusquenlla, liderada por un fidalgo de baixa estirpe chamado Roi Xordo, no territorio dos Andrade. Mais tarde a revolta expandiuse a outras zoas coma Mondoñedo, Lugo ou Santiago. Esta revolta foi silenciada en 1435 pero a cousa non ía quedar así. De novo en 1467, ante a deprimente situación do pobo, mais de 80.000 persoas organizáronse na chamada Irmandade Xeral que actuaría contra as inxustizas dos señores feudais. Entre 1467 e 1469 mais de 130 castelos serían derruidos pola Irmandade.
Sen embargo, a vitoria irmandiña non foi mais que temporal. En 1469, Pedro Madruga volve cun exército con armas de fogo (unha innovación da época) que acaba có proxecto irmandiño. A restauración dos antigos señores feudais non é o único castigo ao que foron sometidos os galegos, senón que ademais tiveron que reconstruir os castelos que derruiran.

No hay comentarios:

Publicar un comentario