viernes, 12 de febrero de 2016

Eduardo Barreiros, o enxeñeiro rebelde.



Eduardo Barreiros, o enxeñeiro rebelde.
Na época da ditadura de Franco, período en que España estaba pechada ao resto do mundo, un empresario galego intentou vencer esas barreiras por medio do esforzo e a superación. Tratase de Eduardo Barreiros, un home que nunca se daba por vencido e que perseguiu o soño de chegar a crear algo grande.
Formaba parte dunha familia humilde que posuía unha pequena empresa de transporte. Posteriormente formou o seu propio taller de mecánica. Investigou o funcionamento dos motores e ideou un método revolucionario para poder transformar motores de gasolina a diésel. O éxito foi rotundo e Barreiros chegou a ter a maior empresa de automóbiles que endexamais houbo en España. Pero non foi sen esforzo xa que o apoio á empresa foi nulo e a negativa tanto do réxime como doutros competidores a que a esta tivera éxito estibo presente.
A pesar de que hoxe en día a empresa xa non existe, esta é un claro exemplo do que os galegos podemos chegar a facer.


No hay comentarios:

Publicar un comentario