domingo, 17 de enero de 2016

María Pita, a galega invencible.

Esta semana o noso profesor de historia de Galicia propúxonos un novo tema para as entradas, "Galicia rebelde". É un tema sobre o que case non hai información en internet, así que eu xunto ao meu compañeiro Carlos decidimos contribuir a que vos coñezades algo máis sobre esta  parte de Galicia tan olvidada mediante este video. Aquí poderedes ver un claro exemplo de como os galegos dámolo todo por facer fronte as dificultades e as inxustizas.

domingo, 10 de enero de 2016

Recordos da Guerra Civil.

O meu avó Santiago contoume que dous de seus irmáns participaran na guerra civil. O maior deles, Xosé, incorporárase en Ferrol, o 15 de agosto do 1936, aos 22 anos. Dalí fora para Asturias, onde combatira, ás ordes do xeneral Alonso, da 81 división. Unha vez tomada Asturias, dirixíranse a Zaragoza e alí, estivo ao servicio do capitán, facendo labores administrativas. Despois marcharan en dirección a Castellón. Precisamente, nesta cidade, un cañonazo penetrara na sede administrativa, onde él se atopaba, xunto a nove compañeiros máis, resultando todos mortos, agás él.
Mais tarde, cando se dirixían a Valencia, permaneceran no barco tres días, no medio dos bombardeos enemigos. Pasaran moito medo, porque ademais, complicárase o estado do mar e non podían desembarcar.
Posteriormente, trasladáranse a Calahorra, en Logroño.
Durante a batalla do Ebro, tivo noticias de seu irmán, que o reclamaran, aos 18 anos, para incorporarse á división 82, do xeneral Varela.
A este irmán, Crisanto, tocáballe suministrar víveres e municións á compañía, coa axuda dunha mula.
Na batalla ultimamente citada, cando acababa de cruzar o Ebro, onde moitos dos seus compañeiros atoparan a morte, un disparo fixo voar polos aires a munición e máis o animal de carga, resultando él ileso.
Despois de acabar a guerra, volveron sans e salvos, para alegría de seus pais e da familia.

Da posguerra, tanto meu avó, que contaba cando aquela acabou con 16 anos de idade, coma miña avoa, dez anos máis nova, recordan que foron anos de miseria e pobreza. De todos os xeitos, eles considerábanse privilexiados, porque ao vivir no mundo rural e adicarse á gandaría e á labranza, nunca pasaron fame nin necesidade.
Miña avoa relataba que seu pai era un home moi organizado e previsor e comprara moita mercancía ao principio da guerra, cando aínda se podía e non escaseaba, previndo o que se aveciñaba: azucre, aceite de oliva, café, gas para as lámpadas,..Logo xa se dependería das famosas "cartillas de raciocinio" e había produtos que eran moi caros e difíciles de conseguir.
Froito da necesidade e da pobreza era a moita xente que mendigaba polas casas. Algúns viñan de moi lonxe e outros de máis cerca, coma da cercana vila de Vilalba. Un día miña avoa contara 23 mendigos/as. Meus bisavós dábanlles patacas, pan, trigo, incluso compartían con eles/as comida e lles deixaban durmir na cociña, ao lado da lareira.
Eran tempos de escenas moi tristes, de mendicidade, de fame, de miseria...