miércoles, 25 de noviembre de 2015

A moeda do barqueiro.


Levo coleccionando moedas dende que tiña sete anos. Na miña colección hai moedas de diferentes lugares e épocas, pero non é para nada equiparable á do protagonista deste relato.
Dise que unha persoa segue viva sempre que a recorden. É imposible que nos acordemos de todos os nosos antepasados e posiblemente algún día todos quedemos no olvido coma eles. Sen embargo, hai unha persoa que coñece a todos aqueles que xa non están con nós, que veu pasar diante dos seus ollos as caras de todos os nosos antepasados, quenes tiveron que contratar os seus servizos, a cambio dunha moeda, para facer un viaxe sen volta.
El é a persoa que oíu as ultimas palabras ou o ultimo silencio dos nosos seres queridos, coñece as testemuñas daqueles que nada teñen que perder por contar a verdade, xa que están mortos. Este último é o caso do meu sexto avó Antonio Bocelo que un día repentinamente veuse pechado nunha néboa. Andou quilómetros e quilómetros sen un rumbo fixo intentando atopar algún elemento orientativo, algo que lle servira para recoñecer o lugar onde estaba, pero nada. Mais tarde, chegou a un embarcadoiro e comezou a darse conta do que pasaba. Xa se acabara todo, o traxecto da súa vida chegara ao fin, nada podía facer el para cambiar esa situación, a única opción era resignarse. No embarcadoiro había un home ben vestido murmurando palabras en baixo, con cara de enfado, como se ainda non chegara a comprender o que estaba a sucederlle. Entón, a tranquilidade das augas do embarcadoiro veuse alterada, e de entre a espesa néboa apareceu unha barca con forma de drakkar con madeira moi gastada pola humidade. O barqueiro, que se facía chamar Caronte, sacou da súa túnica negra unha lista con dous nomes e empezou a pronuncialos para que subiran á barca en orde. O home de vestimenta elegante ao ver que non iba ser o primeiro en subir indignouse e tirou a súa moeda a auga a vez que subía na barca sen nigún permiso, pero en canto puxo un pe na embarcación o barqueiro agarrouno coas súas xélidas mans e tirouno a auga. Antonio polo contrario pagoulle ao barqueiro cunha moeda gastada de catro maravedís, coa cara de Fernando VII e cun ano inscrito (1833) e subiu a barca. O home saleu da auga asustado, pediulle desculpas ao barqueiro e preguntoulle se podía subir. O barqueiro, sen dicir nada, expendeulle a man para que lle dese a moeda. O home explicoulle que non tiña mais moedas e o barqueiro non precisou escoitar mais para comezar a remar. A medida que a barca se alonxaba do embarcadoiro o home empezou a poñerse nervioso, a chorar e a berrar – Isto non pode estar pasando! Son o elixido por deus! Son un rei! -.Foi cando Antonio se decatou, aquel home era o que aparecía retratado na moeda que lle entregara a Caronte. 

 Aquí deixo un enlace á miña árbore xenealóxica.


No hay comentarios:

Publicar un comentario