miércoles, 25 de noviembre de 2015

A moeda do barqueiro.


Levo coleccionando moedas dende que tiña sete anos. Na miña colección hai moedas de diferentes lugares e épocas, pero non é para nada equiparable á do protagonista deste relato.
Dise que unha persoa segue viva sempre que a recorden. É imposible que nos acordemos de todos os nosos antepasados e posiblemente algún día todos quedemos no olvido coma eles. Sen embargo, hai unha persoa que coñece a todos aqueles que xa non están con nós, que veu pasar diante dos seus ollos as caras de todos os nosos antepasados, quenes tiveron que contratar os seus servizos, a cambio dunha moeda, para facer un viaxe sen volta.
El é a persoa que oíu as ultimas palabras ou o ultimo silencio dos nosos seres queridos, coñece as testemuñas daqueles que nada teñen que perder por contar a verdade, xa que están mortos. Este último é o caso do meu sexto avó Antonio Bocelo que un día repentinamente veuse pechado nunha néboa. Andou quilómetros e quilómetros sen un rumbo fixo intentando atopar algún elemento orientativo, algo que lle servira para recoñecer o lugar onde estaba, pero nada. Mais tarde, chegou a un embarcadoiro e comezou a darse conta do que pasaba. Xa se acabara todo, o traxecto da súa vida chegara ao fin, nada podía facer el para cambiar esa situación, a única opción era resignarse. No embarcadoiro había un home ben vestido murmurando palabras en baixo, con cara de enfado, como se ainda non chegara a comprender o que estaba a sucederlle. Entón, a tranquilidade das augas do embarcadoiro veuse alterada, e de entre a espesa néboa apareceu unha barca con forma de drakkar con madeira moi gastada pola humidade. O barqueiro, que se facía chamar Caronte, sacou da súa túnica negra unha lista con dous nomes e empezou a pronuncialos para que subiran á barca en orde. O home de vestimenta elegante ao ver que non iba ser o primeiro en subir indignouse e tirou a súa moeda a auga a vez que subía na barca sen nigún permiso, pero en canto puxo un pe na embarcación o barqueiro agarrouno coas súas xélidas mans e tirouno a auga. Antonio polo contrario pagoulle ao barqueiro cunha moeda gastada de catro maravedís, coa cara de Fernando VII e cun ano inscrito (1833) e subiu a barca. O home saleu da auga asustado, pediulle desculpas ao barqueiro e preguntoulle se podía subir. O barqueiro, sen dicir nada, expendeulle a man para que lle dese a moeda. O home explicoulle que non tiña mais moedas e o barqueiro non precisou escoitar mais para comezar a remar. A medida que a barca se alonxaba do embarcadoiro o home empezou a poñerse nervioso, a chorar e a berrar – Isto non pode estar pasando! Son o elixido por deus! Son un rei! -.Foi cando Antonio se decatou, aquel home era o que aparecía retratado na moeda que lle entregara a Caronte. 

 Aquí deixo un enlace á miña árbore xenealóxica.


domingo, 22 de noviembre de 2015

Meus avós Lucia e Santiago




Se hai unha persoa moi especial na miña vida, esa é a miña avoa materna Lucía. Sempre foi moi cariñosa, xenerosa e moi familiar. Na actualidade conta con 82 anos e repite, cada vez que nos xuntamos os dezaseis membros da mesma, que eses son os días máis felices da súa vida.
Gústalle moito reunirse cos seus arredor da súa cociña de leña, que teñen na súa casa de Goiriz (Vilalba). E pasa horas contándonos aventuras da súa infancia e da súa mocidade. Recorda con moita nostalxia e cariño os seus antepasados, pero sobre todo a seu pai José e a unha tía materna solteira, que vivía con eles e que se chamaba María Antonia.
Seu pai era moi traballador e moi cariñoso coas fillas. Ensinoulles a ler e preocupábase de mandalas á escola durante o inverno, polo menos, porque cando había que facer labores de labranza, miña avoa non podía ir á escola, xa que tiña que axudarlle a seu pai. Ela era a única das cinco irmás que lle axudaba a seu pai. A filla máis vella quedaba na casa gobernando. A segunda ía coser. A cuarta e a quinta, xa que a miña avoa era a terceira da irmandade, eran sete e dez  anos menores ca ela. Era un home forte e emprendedor. Foi ás segas a Castela varias veces e facía o labor que lle tocaba a él e parte da dun medio irmán que ía canda él. Daquela non había tractor nin maquinaria. Él cargaba os carros de toxos e miña avoa con seis anos xa llos gramaba. Dicía sempre que mentras vivira non quería desfacer o matrimonio, pero se él morría despois da súa muller , que lle gustaría acabar os seus días coa súa filla Lucía. Pois a casa dos patróns quedáralle á filla máis vella. E, de feito, morreu de repente, posiblemente debido a un infarto do corazón, aos 68 anos, na casa da filla, un 28 de xaneiro do ano 1966, cando estaba xantando.
A tía dela, María Antonia, era moi cariñosa e mimábaa moito. Conserva moitos recordos bonitos dela. E non deixa de emocionarse cada vez que se lembra. Miña nai tamén me ten contado que a recorda encamada, pois morreu cando miña nai tiña cinco anos, e cada vez que ían a vela dicíalle que collera da súa mesiña de noite unhas moedas que tiña gardadas para ela.
Pois, continuando coa descripción da miña avoa, teño que dicir que ten unha memoria prodixiosa. Aínda hoxe recorda moitísimas datas e datos que non son doados de recordar e máis aos seus anos. Sempre lle gustaron moito os animais e a horta. Coñece moitas plantas e os seus usos. Estou convencido de que sería unha magnífica bióloga, se tivera oportunidade de facer unha carreira universitaria. Sempre valorou moito a cultura nunha persoa. Ela sacrificouse sempre moito, coa axuda do meu avó porque os fillos e as fillas (dúas e dous) puideran estudar e ir á universidade. Ensinoulles a ler. Miña nai tenme contado que cando ela empezou a escola tiña seis anos, era a Escola Unitaria de Goiriz, e non podías ir antes de ter cumpridos os seis anos, e xa sabía ler. E coma ela seus irmáns.
Meu avó materno Santiago era carpinteiro e era tamén moi traballador. Axudáballe a miña avoa nos labores de labranza e miña avoa axudáballe a él a ferrar as rodas dos carros e a preparar a madeira, sobre todo no inverno, cando non tiña tanto traballo no campo. Tamén lles axudaba aos fillos con algunhas tarefas do colexio. A miña nai ensinoulle a dividir por dúas cifras. Él lía sempre o xornal e meu tío Xosé, que é tamén meu padriño, con catro anos, xa lía algúns titulares do xornal.
Meu avó era o secretario e axudante do seu mestre. Era moi bó estudante, pero seus pais non lle deixaron ir á universidade, porque xa facía a carreira de enxeñeiro agrónomo un irmán del e os dous non podían ir. Aprendeu a carpintexar con outro irmán maior. Na casa dos meus avós aínda conservan os dormitorios, as mesas, cadeiras, un banco de fermosa marquetería, portas, ventás, zócalos e o piso de madeira que fixo él. Ten na actualidade 92 anos, que cumpriu o pasado 14 de novembro e é moi bó conversador.
Aquí deixovos un enlace á miña árbore xenealóxica.


sábado, 21 de noviembre de 2015

As moedas na historia da miña familia.


Xa manifestei noutra entrada a miña paixón pola numismática, así que nesta decidín falar sobre a historia das moedas e relacionala coa miña historia familiar describindo como ían os meus antepasados á compra. Para esta tarefa tomei man da miña colección de moedas. As situacións que describo a continuación son ficticias e as datas, sobre todo dos antepasados mais lonxanos, pode que non se axusten coa realidade xa que son aproximacións feitas a partir de cálculos matemáticos e suposicións.


13 de febreiro de 1801
Mentres en España se firma un tratado que catro anos despois terá unha importante repercusión na nosa historia, en Vilalba (Lugo) o meu 6º avó Antonio Bocelo foi comprar o pan cun par de maravedís.
  • Material: Cobre



1 de xaneiro de 1820
Novo ano, novo réxime. Tras celebrar o Aninovo meu 5º avó vai comprar pan como todos os días, cun par de maravedís no peto.
  • Material: Cobre
  • Ceca: Xubia




27 de setembro de 1868
O meu 4º avó Antonio Seoane Bocelo vai comprar o pan e na man leva unhas moedas coa cara dunha raíña que non volverá a reinar en España.
  • Material: Cobre
  • Ceca: Xubia


12 de agosto de 1898
España perde unha illa algo mais ao oeste das Canarias, pero a preocupación do meu tataravó Andrés Cordal Díaz non é esa, senón que é ir comprar o pan, coas pesetas que leva, para celebrar o nacemento do seu fillo.
  • Material: Plata
  • Ceca: Madrid


27 de abril de 1937
A Guerra Civil está en pleno auxe, pero a xente segue coas súas vidas e o caso do meu bisavó José Fraga Calaza non é diferente pois ese día, coma todos, foi comprar o pan cunhas poucas pesetas que levaba na carteira.
  • Material: Níquel
  • Ceca: Viena

2 de setembro de 1945
Miña avoa Lucía Fraga Crodal vai comprar o pan coas pesetas que leva no moedeiro e mentres tanto, ao outro lado do mundo, ponse fin ao maior conflito bélico da historia.
  • Material: Aluminio
  • Ceca: Madrid


11 de xullo de 1982
España é a anfitrioa nunha final que non xogará. Ese día miña nai é a encargada de ir comprar o pan, cunhas moedas cun motivo especial.
  • Material: Níquel
  • Ceca: Madrid



21 de novembro de 2015
Todos están impacentes por ver os dous interesantes partidos que nos ofrece esta xornada da Liga BBVA. Chegados a este punto, pensaredes que vos direi que hoxe fun buscar o pan. Pois non fun buscar o pan, foi meu pai e na moeda coa que pagou non aparecía ningún rei, aparecía Mozart.
  • Material: Níquel e latón
  • Ceca: Viena

 Aquí deixo un enlace á miña árbore xenealóxica.

viernes, 6 de noviembre de 2015

Visita ao Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba


A pasada fin de semana fun  a casa dos meus avós, en Goiriz, e de paso aproveitei para facer unha visita ao Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba.
Neste pequeno museo hai unha magnífica colección de restos que abarcan dende o Neolítico ata a época dos romanos, ordeados cronoloxicamente e clasificados en diferentes tipos. Trátase dun museo que fai un percorrido de miles de anos a través do tempo.
Aquí non so apreciaredes as ferramentas que utilizaban os nosos antepasados, xa que estas veñen acompañadas por unha serie de carteis explicativos onde nos podemos informar sobre como se construían, como se utilizaban, para que servían e o contexto no que se empregaban acompañados de ilustracións que che axudaran a entendelo . Ademais na entrada poderás coller un panfleto informativo en galego, castelán ou inglés.
O museo está formado por cinco bloques. O primeiro e o segundo tratan sobre o Neolítico e mais o inicio da época castrexa. O terceiro e o cuarto están dedicados aos castros. E por último, no quinto bloque atoparedes unha exposición de temática romana.
A pesar de que todo o museo conta cunha excelente exposición, o quinto bloque suscitou o meu interese, polos anacos de cerámica, os restos arquitectónicos e especialmente, as moedas antigas, xa que son un apaixoado da numismática.
Recoméndovos esta visita se queredes descubrir algo máis sobre o tema, porque axudaravos a comprender moito mellor como era a vida, as tradicións e os costumes  dos nosos antepasados. 
Aquí podedes ver as imaxes do museo.

domingo, 1 de noviembre de 2015

O castro de San Sadurniño

Nesta entrada vou falar sobre o castro de San Sadurniño, que fun visitar o pasado xoves día 29 de outubro cos meus amigos e redactores dos blogs Terra de Wolfram e Galiciamamos.
Este, atópase no alto do Monte Rapadoiro, preto da Rubiña. Preto deste había outros catro castros, ainda que o de San Sadurniño debía de ser o mais importante.
O seu emplazamento ofrecía aos seus habitantes unha excelente visibilidade, de forma que podían ver todo arredor da montaña. Ao seu carón suponse que había espazos dedicados á agricultura e á gandería.
Aquí poderás ver as imaxes do castro.

A cultura castrexa

Neste video que elaborei a partir de fragmentos do documental "El legado Celta" da Canle Historia poderedes apreciar como vivían os habitantes dos castros. Os seus costumes, tradicións, ritos ...


domingo, 18 de octubre de 2015

A gastronomía dos castros

Nesta entrada vou deixar unha presentación sobre a alimentación nos castros. Que comían? Como o preparaban? Que utensilios utilizaban? ... Espero que vos guste e que vos resulte interesante.