lunes, 23 de mayo de 2016

FIN

Nesta entrada gustaríame facer unha conclusión sobre esta asignatura. Tras 21 entradas subidas neste blog creo que esta foi unha boa experiencia. Gracias a esta asignatura aprendín centos de cousas novas sobre Galicia e aprendín a ver a nosa terra dunha forma diferente.
A continuación gustaríame facer un ranking das miñas entradas favoritas:

  • 5- Nin Gótico nin Románico, en Galicia predomina o feismo. Nesta entrada podemos apreciar como o inxenio dos galegos se traduce nas nosas cidades e vilas e no noso paisaxe de maneira chamativa e crispante.
  • 4- Viaxe no tempo á Galicia de 2050. Aquí podedes ver as portadas dos periódicos do ano 2050 da Voz de Galicia, que reflexan a sociedade do do futuro. Gustoume especialmente a realización das portadas.
  • 3- A cultura castrexa. Esta foi a primeira entrada na que subín un video á que lle teño un gran cariño porque foi o inicio de todos os videos que subín ao canal. Nel podemos ver un reflexo da sociedade castrexa.
  • 2- María Pita, a galega invencible. Esta foi a primeira entrada que subín en colaboración co meu amigo Carlos quen califica esta entrada como "Unha obra mestra". Gustoume moito a elaboración desta entrada.
  • 1- Por ultimo, teño que mencionar á que na miña opinión é a mellor das miñas entradas, The Big Bang Theory, Galicia nun minuto. 


miércoles, 18 de mayo de 2016

Que é Galicia para min?


Neste vídeo podedes ver imaxes do que é Galicia para min, e penso que algunhas delas merecen explicación.
Ao comezo podedes ver dous dos máis representativos monumentos de Galicia, a Catedral de Santiago e a Torre de Hércules, que pola súa importancia merecen estar neste vídeo e que ademais fan referencia a diferentes etapas da nosa historia como a romana, a medieval e a Ilustración . A continuación aparecen unhos petroglifos en representación do noso pasado e as nosas orixes celtas. Despois podemos apreciar a praia de Valdoviño que non so está neste vídeo por ser a miña favorita, senón que tamén representa a vinculación do noso pobo co mar. Chegados ao segundo 45 podemos ver un obxecto có que todo galego está familiarizado, o paraugas, que nos fai máis fácil o noso día a día sempre que chove. Posteriormente aparece un polbo á feira cociñándose, facendo referencia a nosa marabillosa cociña.
Por último podemos apreciar dúas imaxes que fan referencia á esencia rural de Galicia e á súa paisaxe. Posiblemente non comprendades porqué aparece a central térmica de As Pontes, pero a súa explicación é moi sinxela. Meus avós viven en Vilalba, concretamente nunha pequena aldea chamada Goiríz, e todos os fines de semana meus pais mais eu imos a visitalos, dende que teño uso da memoria. Esta viaxe de 60 km ten como punto intermedio a vila de As Pontes que para min simboliza a unión entre o rural e o urbano, entre o noso pasado e o noso presente. Para finalizar temos unha imaxe dun prado que fai referencia á agricultura galega e tamén ás nosas paisaxes.
Esta é a miña visión sobre Galicia, onde aparecen os que na miña opinión, son os seus elementos máis representativos. 

domingo, 24 de abril de 2016

A Galicia que nos agarda.

Neste video recreo unha visión distópica do futuro de Galicia. Eu mesmo compuxen a música, espero que vos guste.


domingo, 10 de abril de 2016

Viaxe no tempo á Galicia de 2050

Todos sabemos como viaxar no tempo cun DeLorean, pero non todos podemos permitirnos ter un para poder coñecer o que sucederá dentro dunhos anos ou exclarecer misterios do pasado. Por esta razón eu vouvos ensinar como viaxar no tempo dunha forma moito mais barata.

  

Con esta máquina do tempo viaxei ao ano 2050 e non vos vou contar o que vin, prefiro que o vexades por vos mesmos. Aquí tedes as portadas dos periódicos que fun recollendo na miña viaxe.

















Non obstante, teño que advertiros dos peligros de viaxar no tempo, calquera cambio no futuro ou no pasado podrían ter drásticas consecuencias, así que sede consecuéntes cando viaxedes. Pero tamén pode ter fantásticas vantaxes.




viernes, 1 de abril de 2016

Ladrillos de Galicia

Nesta entrada vou a facer unha mención de todas aquelas obras arquitectónicas de Galicia que pola sua importancia considero dignas de dedicarlles unha entrada. Recollerei obras dende a época romana ata a etapa contemporanea.

lunes, 28 de marzo de 2016

César Portela

Decidín facer esta entrada sobre Cesar Portela, xa que a arquitectura é unha das miñas paixóns. El é un arquitecto nativo de Pontevedra que foi galardoado co Premio Ncional de Arquitectura de España en 1999 e ademáis é autor e colaborador en numerosas obras como as que veredes a continuación.


César portela from pmedinca

Aquí podedes ver unha entrevista a César Portela.
 

domingo, 27 de marzo de 2016

Manuel Alonso Fojaca, o ferreiro de Rio Torto.


Seguimos a falar sobre a cultura galega, e nesta entrada vou a falar do meu tío Manuel Alonso Fojaca, ou como eu chamo, Manolo, que traballa como ferreiro. Este traballo remontase á idade dos metais, cando o home empezou a coñecer a utilidade deste magnífico material. A profesión dos ferreiros foi durante anos un oficio prestixioso, pois eran eles quenes controlaban a produción de bens metálicos. Esta profesión tivo un papel fundamental na historia, dende a espada que determina unha guerra ata a culler que alimenta a unha persoa. Posteriormente, as técnicas de traballo cos metais fóronse modernizando ata chegar á etapa industrial. A partir de entón esta profesión, que forma parte da cultura de Galicia quedou case por completo en desuso, e so algunhas persoas como o meu tío a conservan. Tal é o éxito que Manolo alcanzou co seu oficio que xa apareceu repetidamente na TVG amosando ao mundo os segredos do seu traballo.
Aquí vos deixo unha serie de vídeos onde poderedes presenciar o proceso de produción entre outras cousas que vos poden chamar a atención. Tamén os podedes ver no canle de Youtube de Galiciémonos.